NOVA ACTIVIDADE FÍSICA: ESCOLA MUNICIPAL DE DANZATERAPIA
A Concellería de Deportes do Concello de Mugardos pon en marcha unha nova actividade física: a Escola municipal de Danzaterapia. Se desenvolverá no Pavillón do Cristo, os martes de 10.30 a 12.00 e os mércores de 20.00 a 21.30 horas, entre os meses de febreiro e maio de 2025.
Esta actividade diríxese a persoas maiores de 16 anos, que desexen mellorar o desenvolvemento persoal a través da danza. A través da mesma pódese recuperar a enerxía, moverse e sentirse mellor, e sentir o ritmo no corpo.
Para inscribirse e obter máis información, pódese facer no departamento de Cultura e Deportes do Concello de Mugardos, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, ou ben por correo electrónico (deportes@mugardos.gal) ou por teléfono (981470338- extensión 1).