Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ANUNCIO SOBRE O CANXE DE AXUDAS PARA A ENSINANZA E O TRANSPORTE

Segundo o anuncio publicado o 31/10/2024 no que se facía constar que “A concelleira de Facenda e promoción económica mediante a resolución núm. 1254/2024 do día 30/10/2024, aprobou a listaxe definitiva da valoración das solicitudes das ‘Axudas para o ensino e o transporte para o curso 2024/2025’ do Concello de Mugardos, de conformidade co punto oitavo das bases, transcrita na dita resolución, tal e como se indica no Anexo I do presente anuncio, así como a ampliación dos prazos para o canxe dos vales nos establecementos, e a de presentación de facturas dos ditos establecementos a través de FACE (Punto xeral de entrada de facturas electrónicas), sen perxuizo de que está ampliación de prazos, será publicada vía BDNS (Bases de Datos Nacional de Subvencións) no Boletín Oficial da provincia, o que será obxecto de publicación nun novo anuncio.”Procédese á publicación do anuncio do BOP núm. 216 do 08/11/2024 no que se fai pública a ampliación de prazos.
Así mesmo, recórdase que as persoas perceptoras de vale das axudas para a ensinanza e o transporte deberán acudir ao departamento de Benestar Social do Concello provistos do DNI da persoa solicitante (nai, pai ou alumno/a maior de idade, segundo corresponda) ou, no caso de non poder acudir a persoa solicitante, poderá retiralos calquera persoa que presente autorización por escrito da persoa titular dos vales e o DNI de ambos. O prazo de recollida de vales remata o xoves 14/11/2024.

Back to top