Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO REALIZA CAMBIOS NO SERVIZO DE RECOLLIDA DE ENSERES PARA MELLORAR O SEU FUNCIONAMENTO

As novas medidas entrarán en vigor a partires do luns 5 de agosto

O Concello de Mugardos ven de anunciar cambios no sistema de recollida de enseres, co ánimo de mellorar o servizo. Os días de recollida permanecerán inalterables, continuando o primeiro e o terceiro luns de cada mes. Para esto débese avisar ó Concello antes das 14:00 horas do venres anterior á recollida. Calquer aviso recibido despois de esta hora quedará para a próxima recollida, e no caso de ser depositado será sancionado.

Os medios para avisar serán os seguintes:

1.- Por teléfono: 981 470 338

2.- Por correo electrónico: enseres@mugardos.gal

3.- A traves do canle de whatsapp ‘Mugardos en Liña’

4.- Presencialmente no Concello, na Avenida de Galicia, 45 (Mugardos).

En tódolos casos, será necesario identificar á persoa que fará o deposito, indicar a dirección na que se depositarán os enseres e un teléfono de contacto. Ademáis, se detallarán os enseres a tirar e se depositarán na rúa  o domingo á noite anterior á recollida.

A principal novidade é que non se poderán depositar máis de 5 enseres. Os mobles poderán ser desmontados e agrupados dunha maneira ordenada para que ocupen o menos posible na vía publica. Un armario desmontado coas portas nun bulto aparte e desmontados os módulos contará como un so enser, por exemplo, pero en ningun caso esto significará que se podan botar habitacións completas. Neste último caso, os enseres se deben depositar nun contenedor de obra. Queda prohibido depositar rodas de vehículos, cubos de pintura, uralitas, restos de podas, e escombros de obras xa que estos residuos precisan un tratamento especial. 

A maiores tamén se acordou que, tanto na urbanización do Baño coma na Avenida do Mar, se centralizará o depósito de enseres nun punto. No caso da urbanización realizarase o depósito no campo colindante ó Pumptrack (na esquina onde se sitúan os contenedores ó lado da caseta de comunicacións). E no caso da Avenida do Mar, no cerramento dos contenedores que están situados no Cantón de Cora. Queda prohibido depositar enseres fora de estas zonas.

O incumprimento destas normas conleva sancións de ata 500 euros. Os enseres que non sexan comunicados, non poderán ser recollidos. Todos estos cambios faranse efectivos na vindeira recollida do día 5 de agosto de 2024.

Back to top