O CONCELLO DE MUGARDOS PRESENTA O PROGRAMA DA FESTA DAS PEPITAS 2024
A presentación da Madriña da Rondalla Mugardesa será este sábado 9 de marzo no Casino Mugardés ás 19:00 horas
O Concello de Mugardos ven de presentar o programa das Pepitas 2024, que se desenvolverá entre o 9 e o 23 de marzo na vila mugardesa, en colaboración coa Deputación da Coruña e o Casino Mugardés.
Os actos comenzarán este sábado 9 de marzo ás 19:00 horas coa presentación da Madriña da Rondalla Mugardesa 2024 por parte dos seus afillados no Casino Mugardés. O seguinte sábado, 16 de marzo, será o momento no que a Madriña da Rondalla Mugardesa se presente no balcón do Concello de Mugardos, a partir das 18:00 horas. Ao día seguinte, o domingo 17 de marzo a partir das 12:00 horas a Rondalla roldará a Vila e a partir das 13:30 horas se realizará unha homenaxe á tódalas Madriñas da Rondalla Mugardesa ó longo da súa historia, esta vez no Cantón de Cora.
O venres 22 de marzo, a Rondalla Mugardesa irá de Rolda polo Seixo a partir das 18:30 horas, e ó día seguinte, sábado 23 de marzo terá lugar o acto central no que as rondallas de Ferrolterra se concentrarán no Peirao Mugardés para desfilar cara ao Casino, ás 17:30 horas. Unha vez cheguen, ás 18:30 horas comezará o tradicional Certame de Rondallas na que actuarán nesta orde as seguintes agrupacións:
- Rondalla O Son do Mar
- Rondalla Bohemios
- Rondalla Añoranzas
- Rondalla Club de Campo
- Rondalla aresana Os Trovadores
- Rondalla Só Elas
- Rondalla Sonidos del Alba
- Rondalla Lucero del Alba
- Rondalla Mugardesa