APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA OS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL POLO SISTEMA EXCEPCIONAL DE CONCURSO
No Boletín Oficial del Estado núm. 50, de data 26.02.2024, publicouse anuncio de convocatoria para prover, polo sistema excepcional de concurso, varias prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinaria de 2022, de acordo coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e que a continuación se relacionan:
- Unha (1) praza de persoal laboral fixo de Traballador/a Social (xornada completa), pertencente ao grupo de clasificación II, asimilada á Escala de Administración Especial, subescala Técnica, Grupo A, Subgrupo A2, mediante o sistema de provisión por concurso de méritos.
- Unha (1) praza de persoal laboral fixo de Traballador/a Social (xornada parcial -25 horas), pertencente ao grupo de clasificación II, asimilada á Escala de Administración Especial, subescala Técnica, Grupo A, Subgrupo A2, mediante o sistema de provisión por concurso de méritos.
- Unha (1) praza de persoal laboral fixo de Axente de Desenvolvemento Local, pertencente ao grupo de clasificación I, asimilada á Escala de Administración Especial, subescala Técnica, Grupo A, Subgrupo A1, mediante o sistema de provisión por concurso de méritos.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (Boletín Oficial del Estado núm. 50 de data 26.02.2024).