PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA COMARCA DE FERROL
Financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Traballo e Economía Social, está organizado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol.
DIrixido a:
- Mulleres dos concellos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño que estean desempregadas e inscritas na oficina de emprego.
- Os colectivos que se atenderán son mulleres desempregadas dos concellos citados que estean nalgunha das seguintes situacións:
- Muller desempregada, en xeral
- Con discapacidade
- En risco de exclusión social ou beneficiarias do tramo de inserción da RISGA
- Vítima de violencia de xénero
- Menores de 30 anos co baixa cualificación
Accións que se desenvolverán (entre outras):
- Información, orientación e asesoramento
- Formación para o emprego: Limpeza industrial, Comercio e loxística, Cociña, Agricultura ecolóxica, Xestión de comunidades virtuais e Preelaboración e venda de peixes, crustáceos e mariscos. Ademais desta formación podería impartirse outra relacionada con outras ocupacións (dependendo, entre outros aspectos, do perfil e preferencias das usuarias seleccionadas).
- Formación transversal (talleres de Busca de emprego, Manipulación de alimentos, Habelencias sociais, Alfabetización informática, Internet e redes sociais, Ferramentas de coaching, Inglés…
- Prospección empresarial
- Emparellamento de ofertas de traballo coas demandantes
- Prácticas profesionais non laborais en empresas
Bolsa de 10€ por día de asistencia ás accións
Medidas de conciliación
Obxectivo de inserción: 35%
Máis información en https://comarcaferrolterra.wordpress.com/
Prazo: ate o 12 de xaneiro de 2024