Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PRESENTACIÓN DUNHA NOVA EDICIÓN DO PEIRAO ROCK MUGARDOS

O alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presentaron hoxe unha nova edición do festival Peirao Rock, que este ano conta co respaldo do Goberno galego e medra en duración, pasando de un día a dous. A cita, de carácter gratuito, terá lugar os días 25 e 26 de agosto e nela actuarán nove bandas de rock e metal, que ofrecerán máis de 10 horas de música repartidas en tres localizacións diferentes de Mugardos.

Os grupos locais Cranio e Kharma serán os encargados de abrir a programación o venres 25 con actuacións na praza do Concello. Xa o sábado 26 a banda Solrian encargarase de amenizar a sesión vermú no exterior do Club do Mar de Mugardos como preámbulo a oprato forte da noite cando se subirán ao escenario en Cabo Leiras os grupos Cruzeiro, Strikeback, Spectrum Mortis, The Wizards, El Altar del Holocausto e Wisdom.

Back to top