INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN ‘NÓS TAMÉN FOMOS EMIGRANTES’ NO LOCAL SOCIAL DE MAIORES
O Local Social de Maiores (situado na rúa Castelao) acolle o vindeiro luns 10 de xullo a inauguración da exposición ‘Nós tamén fomos emigrantes’. Se poderá visitar do 10 de xullo ao 29 de agosto, de luns a venres de 17:30 a 20:00 horas, con entrada de balde.
![](https://mugardos.gal/wp-content/uploads/2023/07/Captura-de-pantalla-2023-07-07-a-las-14.08.27.png)
Esta mostra recolle unha escolma de imaxes dos arquivos da Axencia EFE que posúe un dos fondos fotográficos máis importantes de España sobre a emigración galega e española. Son retratos próximos que narran as circunstancias vitais da xeración das nosas nais e pais e tamén de avós e avoas, que abandonaron a súa terra na procura dun futuro mellor.