Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PROGRAMA ‘MOCIDADE ACTIVA’ PARA ADOLESCENTES DE 11 A 16 ANOS

O Concello de Fene mantén un convenio para a xestión compartida cos concellos de Mugardos e Neda do proxecto de prevención de condutas adictivas no eido local para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas promovidos por concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

 Este convenio desenvolvese a través da Área de Benestar e Igualdade en colaboración coa Consellería de Sanidade, no que se enmarca, entre outros, o programa de  Mocidade Activa.

Esta acción lúdica- educativa está orientada á rapazada, con idades comprendidas os 11  ata os 16 anos.

Ofertanse catro grupos, dos en Fene, un en Mugardos e outro en Neda, cunha duración quincenal en cada quenda.

As prazas están limitadas a 10 por grupo para poder garantir un espazo , dinámico e participativo, buscando a interacción. 

 O período de inscrición está aberto ata o 28 de xuño ou ata que se cubran as prazas por orde de inscrición.

 As solicitudes se realizarán enviando o formulario  de inscripción cuberto  a través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal

Neste espazo  dinámico as actividades a abordar, entre outras son: rutas guiadas, obradoiros ao aire libre relacionados co medioambiente, deportes locais, tradicionais e acuáticos, xogos colaborativos, radio, fotografía…. Todo isto abordarase tendo en conta as emocións e necesidades que nos espertan,  valorando sí o noso benestar a través do uso saudable do ocio. 

A técnica responsable de coordinar o  programa  é a  pedagoga e técnica en prevención de condutas adictivas  Mª José Paz Rodríguez.

Back to top