MARATÓN DE EMPRENDEMENTO PARA O DESENVOLVEMENTO DAS COMARCAS
A Asociación Seitura22 está a promover, co apoio de Caixabank, Revolta Rural, un maratón de emprendemento para o desenvolvemento das comarcas que se celebrará os días 19 e 20 de maio na Asociación de empresarios Seara en As Pontes. No mesmo haberá 15.000 € en premios entre os proxectos participantes.
Este programa está dirixido ás persoas emprendedoras ou con inquedanzas que queiran xerar emprego por conta propia.
Adxúntase o cartel informativo no que figura o código QR para poder acceder información máis detallada, xunto coa solicitude de inscrición.