Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO SOLICITA UNHA SUBVENCIÓN DE CASI 500.000 € DE FONDOS EUROPEOS PARA REHABILITAR O MERCADO DE SAN TELMO

A solicitude foi presentada ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

Desde a Concellería de Obras, Servizos e Medio, infórmase da presentación dunha subvención para a reforma do mercado de San Telmo e o seu contorno por valor de 492.280,93€, e que incorpora puntos de recollida click&collet, un minipunto limpo ou puntos de recarga de vehículos eléctricos entre outras novidades.

Este proxecto sufriu un incremento con respecto do anterior, que partía dun orzamento de 240.297,50€. Este aumento do importe correspóndese coa necesidade de actualizar os prezos da obra, xa que o proxecto inicial era do ano 2019, para poder facer fronte á subida de custos que se está vivindo debido á inflación e falta de materiais, e a modernización da instalación.

O conxunto do proxecto ten como obxectivo lograr unha transformación e modernización dos espazos comerciais, á vez que se implantan tecnoloxías que melloren a competitividade, a experiencia comercial e redúzase a pegada de carbono dos comercios. De igual modo, preténdese mellorar os aspectos enerxéticos do mercado, reducindo o consumo de enerxía á vez que se fomenta o consumo de enerxía renovables como a aerotermia e a fotovoltaica.

Ademáis da reforma da praza, tamén se incorporan tecnoloxías que melloren o grao de dixitalización e a adaptación aos novos hábitos de consumo do sector comercial (instalación dun MUPI, un punto click&collect, habilitación de redes wifi, ou a creación dunha páxina web). O proxecto engade medidas que fomenten a reciclaxe coa instalación dun minipunto limpo no mercado e a instalación no exterior da edificación dun punto de recarga de vehículos eléctricos (PRVE), co fin de fomentar o uso de vehículos eléctricos para a repartición a domicilio.

Back to top