Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MUGARDOS PON EN MARCHA O I CICLO DE PREVENCIÓN E COIDADO DO PÉ

Trátase de encontros en tódalas parroquias para que os veciños poidan acercarse e aprender sobre os coidados domésticos dos pés.

Desde a concellería de Servizos Sociais se informa da posta en marcha dos primeiros obradoiros abertos ao público de forma gratuita para os coidados do pé para os veciños e veciñas de Mugardos, e que se celebrarán a partir do vindeiro martes 25 de abril en tódalas parroquias.

A formación a impartirá unha podóloga titulada e colexiada e consistirá en como mellorar a saúde do pé de cara a problemas como o pé diabético, durezas, engrosamentos de unllas, fungos ou a falta de hidratación.

Os obradorios se impartirán en tódalas parroquias de acordo coa seguinte relación de datas:

  • Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega – O Seixo: Martes 25 de abril de 17:00 a 19:00 horas.
  • Casino de San Juan de Piñeiro: Venres 5 de Maio de 17:00 a 19:00 horas.
  • Casino Progreso de Franza: Venres 12 de Maio de 17:00 a 19:00 horas.
  • Centro de Maiores de Mugardos: Venres 19 de Maio de 17:00 a 19:00 horas.

Back to top