Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ACTUACIÓN DE ESTELAS DO MAR O SÁBADO EN SAN XOÁN

A coral interpretará 10 fermosas e tradicionais pezas

A concelleira de Cultura, Begoña Roldós, informou hoxe da actuación da Coral Estelas do Mar programada polo seu departamento para o próximo sábado día 21 a partir das 20.00 horas no Casino de San Xoán.

Dentro do repertorio previsto para a ocasión pola agrupación mugardesa inclúense, entre outras, cancións como Fisterra, Il Mondo, Dicen que se muere el mar, Compañeira ou Terra.

Esta é a primeira actuación do 2023 programada pola Concellería de Cultura, a maiores da axenda festiva do nadal, e con ela o departamento municipal dá inicio á axenda deste ano que nas próximas semanas presentará os eventos previstos para o Entroido.

Back to top