Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

POLICIA LOCAL E GARDA CIVIL INVESTIGAN A QUEIMA NOCTURNA DE COLECTORES EN MUGARDOS

Durante a pasada noite, os GES detectaron colectores ardendo en 3 puntos do municipio 

Mugardos, 29 de xuño de 2022. O concelleiro de Obras e Servizos Jorge Kuntz informou hoxe da investigación aberta polas forzas e corpos de seguridade do concello mugardés logo da queima intencionada de colectores durante a noite do martes en ata 3 puntos distintos do municipio.

“Na Teupoeira, en Roibeiras e no Baño detectaronse queimas de colectores nalgúns casos moi preto de vivendas e vehículos. A rápida intervención dos GES evitou o descontrol dos incendios e que os danos foran maiores, pero os feitos son un perxuizo para todos” sinalou Kuntz.

Desde a Policía Local trasladouse a importancia de frear estes actos de vandalismo.

Back to top