Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CHARLA FORMATIVA PARA OS COIDADORES E COIDADORAS DAS COLONIAS FELINAS

Os participantes están convocados para este venres ás 19.00 horas no salón de plenos

Mugardos, 28 de xuño de 2022. O concelleiro de Participación Cidadá, Miguel Mahía, informou da convocatoria realizada por parte do Concello de Mugardos aos coidadores e coidadoras das colonias felinas para unha charla formativa o próximo venres 1 de xullo no salón de plenos.

A xornada de formación estará centrada na capacitación dos participantes no uso da gaiola de captura, así como no trámite administrativo de asinar os acordos de coidadores e coidadoras e entregar os carnés de persoal autorizado da colonia.

Esta formación enmárcase dentro das medidas para a aplicación do método C.E.R. (captura, esterilización e retorno), consistente en esterilizar aos gatos das colonias felinas xa existentes e devolvelos ao seu territorio, co obxectivo de acabar coas colonias de xeito respectuoso.

Os interesados e interesadas en darse de alta como coidador/a poden facelo realizando unha solicitude por escrito a través do Rexistro Xeral do Concello, utilizando unha instancia tipo.

Mahía destacou o traballo que se está a facer desde o goberno municipal para o desenvolvemento da Ordenanza Municipal de Tenza e Benestar dos animais de compañía aprobada en xaneiro deste ano. “Este plan estratéxico de políticas activas de benestar animal non só mellorará a situación do noso concello desde o punto de vista da protección animal, tamén o fará na educación en valores dos nosos pequenos” concluíu.

Back to top