NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO PARA AS CACHARELAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO
- As persoas, organizacións ou comunidades de veciños que desexen realizar unha cacharela na súa zona de residencia, deberán comunicalo antes das 14:00 horas do próximo 22 de xuño en horario de 9 a 14 h. sinalando o lugar elexido, así como o nome, enderezo, teléfono dos responsables que deberán coidar os arredores e coñecer o número de teléfono da Policía Local 629 416 969.
- Recoméndase que o volume de combustible da cacharela non sobrepasará os 2 metros de perímetro nin os 2 metros de altura e deberá contar cunha fonte de extinción próxima.
- A separación entre as cacharelas e os edificios e árbores será como mínimo de 12 metros.
- Porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, e que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamabeis.
- Prohíbese a queima de neumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites e en xeral de calquera substancia que ó arder desprenda fume tóxico.
- En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (esprais) aínda que estean baleiros.
- Prohíbense as cacharelas na praia ou sobre terreos de uso público.
- O finalizar a cacharela e antes de abandonar o lugar da mesma, os responsables da organización coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas.
- É responsable a persoa solicitante das infraccións as que poidese dar lugar a realización da cacharela.