O MES DE XUÑO CHEGA A MUGARDOS CHEO DE MÚSICA, TRADICIÓN E TEATRO
O programas “Mugardos fai teatro” e “Vémonos nos bares” desenvolveranse durante todo o mes
Mugardos, 1 de xuño de 2022. As Concellerías de Cultura e Benestar Social presentaron hoxe as actividades programadas desde os seus departamentos para o mes de xuño, que estarán centradas no desenvolvemento dos programas “Vémonos nos bares” e “Mugardos fai teatro”, así como a celebración do Voto de Chanteiro.
“Mugardos fai teatro” é a proposta presentada pola Concellería de Benestar Social dirixida por Ana Varela, que desenvolverase ás 19.00 horas no Casino Mugardés todos os sábados deste mes e rematará o 25 de xuño coa representación da obra de teatro “A aldea xa non é o que era” preparada polo grupo de teatro do Obradoiro de envellecemento activo do Concello de Mugardos.
O 4 de xuño o grupo de teatro A Cova do trasno (de Ares) representará “O trasno do Xuncal”, o 11 de xuño tocaralle o turno á Agrupación de Teatro ASCM de Ferrol coa obra “Eu tamén teño dereito” e o 18 de xuño Opai teatro de Cariño presenta “De marzo a marzo”.
Pola súa banda, a Concellería de Cultura dependente de Begoña Roldós presentou “Vémonos nos bares”, una actividade que encherá as rúas de Mugardos de todos os estilos de música á hora do vermú os domingos do mes de xuño desde as 13.30 horas aproximadamente. O programa inclúe unha actuación especial de Malditos Pendejos polo San Xoán o 23 de xuño ás 22.00 horas na SRCD San Xoán de Piñeiro.
“Vémonos nos bares” está previsto que dé comezo este mesmo domingo día 5 da man dos Bregadiers (grupo de música inspirado nas brass bands), que levarán os seus ritmos swing, jazz e rock&roll a partir das 13.45 horas diante do Café – Bar Galicia, trasladándose despóis ata Os Helvetas e O Atlantico, para rematar o percorrido aproximadamente ás 14.15 horas no Bar A Esquina.
O 12 de xuño, os 25 integrantes da Escola de Samba Malandros levarán a samba ata o último recuncho do peairao mugardés, desde as 13.30 horas.
Maina Materia achegarase o 19 de xuño ata O Fol e o Trope para que os mugardeses e mugardesas poidan desfrutar da súa mestura de ritmos de Brasil como a Samba e a Bossa, con outros de Cuba, Africa e Galicia.
O domingo 26, a música chegará tamén ao Seixo co cuarteto Swin Café levando o seu jazz dos anos 30-40 ata o Café Kom e o Campo do río, e a música folk dos Farrapos soará pola Avenida de Galicia rematando diante do Picas e o Peña.
A maiores, Mugardos retoma logo de dous anos sen ela, a tradicional romaría do Voto de Chanteiro, que celebrarase o próximo 7 de xuño e que organiza conxuntamente co Concello de Ares.