Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO INICIA OS PROCESOS DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE DOUS OFICIAIS DE SEGUNDA ALBANEIS, DOUS PEÓNS E UN AUXILIAR DE BIBLIOTECA

O prazo de presentación de solicitudes remata o luns 6 de xuño

31 DE MAIO DE 2022. A concellería de Persoal, dirixida por Miguel Mahía comunicou hoxe que xa están abertos os procesos selectivos desenvoltos ao abeiro do programa PEL concellos 2022, e no que o Concello de Mugardos procederá á contratación de dous oficiais de segunda albaneis, dous peóns e un auxiliar de biblioteca.

As dúas persoas contratadas como oficiais de segunda albaneis adicaranse á realización de pequenas obras de reparación de mantemento, encadradas nos diferentes servizos relacionados cos servizos mínimos municipais 

O obxecto da contratación de dous peóns é a realización das tarefas de obras para reparación de pequenas obras de reparación de mantemento, encadradas nos diferentes servizos relacionados cos servizos mínimos municipais.

O auxiliar de biblioteca realizará as tarefas propias do posto na biblioteca pública municipal.

Os contratos asinaránse a xornada completa (37,5 h/semana) ata o 31 de decembro de 2022. 

Para participar nestes procesos selectivos os aspirantes deberán estar en posesión do certificado de escolaridade e non ter enfermedades que impidan o desempeño das función do posto. Además, deberán ser españois ou nacionais doutro Estado dacordo co disposto no artigo 57 do EBEP, ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa, non ter sido separado do servizo de ningunha Administración, nin estar incapacitado nin inhabilitado. Ademáis, deberase estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo, ou no caso de existencia de listas de procesos anteriores, á data da convocatoria, e atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral: Mulleres, maiores de 45 anos, persoas desempregadas de longa duración (persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego), persoas con discapacidade igual ou superior al 33%, persoas en situación de drogodependencia, persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego, persoas con fogar monoparental, persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais, persoas vítimas de violencia de xénero ou persoas sen fogar.

As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes ata o 6 de xuño. Para tomar parte no proceso deberase rexistrar a documentación preferiblemente na sede electrónica do Concello https://mugardos.sedelectronica.gal (instancia xeral) ou no rexistro municipal. Poderase facer tamén remitindo un fax (981 472 017) ou un e-mail a correo@mugardos.gal coa copia da solicitude debidamente rexistrada dentro do prazo de presentación.

Na solicitude realizarase unha declaración responsable de que son certos os datos obrantes nela e do cumprimento dos requisitos e, de ser necesario, se compromete a probar documentalmente tódolos datos que figuran nesta solicitude. No caso de detectarse falsidade documental, será motivo de exclusión do proceso.

Xunto coa dita solicitude, os aspirantes deberán achegar a documentación que xustifique a súa situación de desempregado, fotocopia do DNI, fotocopia do documento que acredita a titulación mínima esixida ou equivalente, fotocopia do Celga 1 ou certificado de iniciación (no seu caso), e a relación de méritos acompañada dos xustificantes acreditativos destes.

Coa solicitude acompañarase xustificante acreditativo de ter ingresado na conta corrente ES98 – 2080 – 0205 – 7331 – 1000 – 0032 ABANCA, a cantidade de 10 euros en concepto de taxas no proceso dos oficiais de segunda e do/a auxiliar de biblioteca, e 5 euros no caso dos peóns (excepto no caso de estar exento). 

O programa PEL CONCELLOS 2022 desenvolto pola Deputación da Coruña asigna axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia da Coruña.

Back to top