Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O GOBERNO MUNICIPAL TRABALLA NA PROGRAMACIÓN CULTURAL DO PRIMEIRO TRIMESTRE DO ANO

As Pepitas, o Día de Rosalía ou o Entroido 2022 xa están en marcha

Mugardos, 17 de febreiro de 2022.-. A concelleira de Cultura, Begoña Roldós, adiantou hoxe que o seu departamento está xa a traballar na programación cultural do primeiro trimestre de 2022, que inclúe o 24 de febreiro a celebración do Día de Rosalía de Castro, as fins de semana do 19 e o 26 de marzo as Pepitas, e o Entroido 2022.

O primeiro evento marcado no calendario é a celebración o próximo día 24 do Día de Rosalía de Castro, que se está a organizar conxuntamente coa asociación Apelón Educación e o departamento de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos de Ferrolterra. Así, o día 26 da mán de Apelón Educación haberá unha lectura de poemas, e o día 24 haberá unha proxección no Salón de Plenos e unha selección musical na rúa, e convídase a grandes e pequenos a acudir disfrazados de Rosalía. Apelón pon tamén a disposición dous muráis para retratarse (un na biblioteca e outro na OIT).

A seguinte festa na que se está a traballar é unha das xornadas de troula por excelencia, o Entroido municipal, para o que está previsto celebrar por segundo ano o concurso de disfraces virtual, no que poderán participar todos os veciños e veciñas maiores de 4 anos, enviando a súa foto entre o 26 de febreiro e o 1 de marzo. Os premiados sairán dun sorteo entre todos os participantes.

Para rematar neste primeiro trimestre, Mugardos celebrará unha das festas con máis historia e tradición no concello como son As Pepitas. Xa están fixadas as datas das celebracións organizadas en colaboración coa Rondalla Mugardesa. O 12 de marzo, a Rondalla Mugardesa presentará á súa madriña, e o concello fará o propio o día 19 ás 19.00 horas. O programa de actividades continuará o día 20 no que as pepitas realizarán un pasarrúas por Mugardos, que repetirán o día 25 pola tarde tamén na parroquia do Seixo. Como peche de ouro, o día 26 no Casino Mugardés celebrarase o “Certamen de Rondallas”, con a presencia de todas las rondallas de la comarca. Durante estas datas, terá lugar tamén o concurso de adornos das Pepitas.

“Unha vez máis, as celebracións veranse afectadas pola situación epidemiolóxica, xa que na actualidade e debido á antelación coa que estes eventos deben organizarse, non é posible plantexalas sen restriccións, pero estamos abertos a todas as modificación que sexan viables para normalizalas ao máximo” sinalou Roldós, logo de recoñecer que “é unha mágoa que o Entroido non poida organizarse con eventos presenciais, pero esperamos que sexa a derradeira edición virtual. Bótase en falta o barullo nas rúas dunha das festas máis divertidas do ano”.

Back to top