Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

LUZ VERDE Á SENDA ENTRE PETEIRO E O BAÑO

O alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, anunciou hoxe que a Xunta investirá máis de 500.000€ nesta senda para peóns e ciclistas

Mugardos, 17 de febreiro de 2022. Juan Domingo de Deus, alcalde de Mugardos, anunciou hoxe que a senda peonil e ciclista Peteiro – O Baño será unha realidade nos próximos meses, logo de acordar coa Xunta de Galicia unha inversión de máis de 500.000 €.

De Deus subliñou a importancia desta infraestructura ó ser “unha das máis demandadas pola veciñanza polo seu impacto na mellora da seguridade vial e a mobilidade, así como por tratarse dun tramo de elevado valor paisaxístico. Foron meses de moitas xestións e moito  traballo que por fin fructificaron” asegurou.

“Nos próximos días iniciarase a exposición pública do proxecto, e desde o momento que se adxudique a licitación, a duración das obras será de aproximadamente 4 meses. Así que esperamos que antes de finalizar o ano, os mugardeses e mugardesas poidamos pasear por esta nova senda peonil e ciclista” engadiu o rexedor mugardés.

O orzamento de licitación da obra é de 464.201,87 € aos que se engaden ata 34.616,25 € en expropiacións e 5.000 € de seguimiento arqueolóxico, acadando un total de 503.518,12 € para a construcción dunha senda de 600 metros de largo desde o parque do Peteiro ata O Baño, pola marxe dereita dirección O Baño, que terá 2 metros de ancho e que contará con iluminación propia mediante balizas ao longo de todo o percorrido.

Tamén está previsto no proxecto que se substitúan os postes actuáis (que serán retranqueados para que non queden entre a senda e a estrada) e procederase ao soterramento do cableado de alumeado público. A senda contará con mobiliario urbano e canalizarase a rede de pluviais para evitar inundacións.

“Estamos moi satisfeitos por lograr que o proxecto da senda Peteiro-O Baño saia adiante, e con este impulso seguimos traballando na transformación de Mugardos, por que aínda queda moito por facer” rematou o alcalde logo de agradecer o traballo realizado polo seu equipo de goberno e da propia Xunta de Galicia.

Back to top