Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A CONCELLERÍA DE BENESTAR ADQUIRE MATERIAL PARA A ATENCIÓN AOS USUARIOS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Mugardos, 10 de febreiro de 2022.– A concelleira de Benestar Social, Ana Varela, ven de informar da adquisición de material especializado para a atención aos dependentes, como cintos, sabas e discos de transferencia, para facilitar o coidado e a atención que realizan as auxiliares de Axuda no Fogar. A merca do material acadou os 2.000 €.

As técnicas do departamento explicaron que o cinto de transferencia está deseñado para axudar aos rehabilitadores e persoal auxiliar a mobilizar aos pacientes, e minimizar as lesións ou tensión en actividades como levantar a persoas da cama, da cadeira de rodas ou trasladalas a curta distancia.

As sabas de transferencia facilitan a mobilización e o posicionamento de persoas  encamadas. Grazas ao sistema deslizante e ao seu deseño, minimízase o esforzo do coidador nos cambios  posturales e minimiza a fricción baixo os puntos de presión do paciente. Pola súa banda, os discos  para transferencias que facilitan o xiro de persoas en pé. É moi cómodo para facer transferencias na cama, no coche ou á cadeira de rodas. Este disco xiratorio permite virar facilmente ao paciente durante unha transferencia e reduce o risco de lesión no coidador.

A concelleira informou tamén da adquisición de tensiómetros e termómetros “Estamos a facer unha inversión importante para mellorar a atención no Servizo de Axuda no Fogar, tanto desde o punto de vista dos recursos materiais coa adquisición de utillaje específico, como da ampliación dos servizos coa incorporación de Fisioterapia, Podoloxía e Perruquería. É importante non só atender aos usuarios, senón tamén facelo do mellor xeito posible para os dependentes, as súas familias e os seus coidadores, entre os que se atopan as auxiliares municipais, por suposto”.

Back to top