Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

AXUDAS DE AGADER PARA A AMPLIACIÓN DE PEQUENAS EMPRESAS RURAIS NON AGRARIAS

Agader publicou no DOG do 25 de xaneiro de 2022 unha nova convocatoria de axudas dirixida á “Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias”, dentro da medida 6.4 “Investimentos en actividades non agrarias” do PDR de Galicia 2014-2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes desde a data da publicación, e dicir, ata o vindeiro 25 de febreiro.

Os proxectos poderanse localizar en calquera territorio de Galicia, agás nas seguintes parroquias:

A convocatoria pódese consultar aquí.

A concesión destas axudas será en concorrencia competitiva e as persoas promotoras, en ningun caso, poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.

Persoas beneficiarias:

  1. As microempreseas e pequenas empresas ubicadas en zona rural.
  2. Persoas físicas que residan nunha zona rural.
  3. Titulares e/ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

Proxectos subvencionables:

Os proxectos deben ter un orzamento elixible superior a 10.000 € e inferior a 220.000 €. No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 € respectivamente. 

  1. Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
  2. Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €. 
  3. Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos.
  4. Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade,  granxas-escola…).
  5. Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
  6. Artesanía e actividades artesanais.
  7. Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
  8. Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
  9. Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

Gastos subvencionables:

Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

Importe da axuda:

45% dos gastos subvencionables. Para calquera dúbida as persoas promotoras poden poñerse en contacto con Agader a través do enderezo electrónico: infoagader@xunta.gal ou nos teléfonos: 981 547 382 – 981 547 369 – 981 542 690

Back to top