Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O alumnado do obradoiro de emprego ‘REINICIA VIII’ inicia a súa formación

Os alumnos do obradoiro dual de emprego Reinicia VIII, promovido polo Concello de Mugardos, xunto con Ares, Cabanas e Fene, iniciou a formación teórico-práctica das especialidades de “Actividades de conservación e mellora de montes” e “Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio“.

Neste programa mixto de emprego, organizado polo Concello de Mugardos e subvencionado pola Xunta de Galicia, participan 20 alumn@s -10 en cada especialidade- que contan cun contrato laboral de formación e aprendizaxe durante 9 meses. Neste tempo reciben formación e realizan traballos de interese público. Así, na especialidade de Conservación de Montes realizan desbroces, mantemento e mellora de camiños, zonas verdes e espazos recreativos en Mugardos, Ares, Cabanas e Fene. Na especialidade de Atención sociosanitaria desenvolverán prácticas profesionais nos servizos de axuda a domicilio municipais. Segundo indicou o Concelleiro de Formación e Emprego de Mugardos, Miguel Mahía, “o obxectivo do programa é que o alumnado-traballador acade o certificado de profesionalidade que acredita a adquisición das competencias profesionais necesarias en cada especialidade, para a súa incorporación ao mercado laboral en empregos con alta demanda de persoal”. O alumnado tamén recibe no obradoiro orientación laboral, formación transversal en informática, sensibilización medioambiental, búsqueda de emprego, prevención de riscos laborais, formación de reforzo en educación secundaria “para que quen non acadase a ESO poda presentarse ás probas para adultos, e outra formación complementaria de interese que lle permita mellorar a súa capacitación profesional” concluíu o edil de Emprego.

Back to top