A empresa de transportes ampliará os horarios dos autobuses a partires do luns 24 de xaneiro
O Concello de Mugardos recibíu hoxe a nova proposta de horarios para o servizo de autobuses que xestiona a UTE Hércules Norte, que entrará en vigor o vindeiro luns 24 de xaneiro.
Nesa proposta reflíctense moitas das demandas transmitidas polos veciños ó Concello, que son as seguintes:
-De luns a venres no bus sentido Ares-Mugardos-Ferrol haberá dúas liñas a maiores, unha que pasará por Mugardos ás 8:39 horas e outra que pasará por Mugardos ás 22:35 horas.
-Por O Seixo, a frecuencia aumenta de 1 a 5 viaxes diarios, pasando o bus ás 7:42 horas, ás 9:53 horas, ás 12:53 horas, ás 17:53 horas e ás 20:23 horas.
-Tamén de luns a venres, no sentido Mugardos-Ares-Ferrol, increméntase unha liña a maiores pasando pola Gallada ás 6:43 h, e increméntanse de 0 a 4 polo Seixo pasando ás 9:21 h., ás 12:21 h., ás 16:51 h. e ás 19:51 h. Asimesmo se axustou con iso o horario que permite coller ás 6:45 h. o bus en Mugardos para estar ás 7:10 h. en Fene, e enlazar co bus que vai dirección Coruña para ir á Universidade.
Referente ao servizo dos fines de semana e días festivos, o Concello solicitou unha rectificación á proposta, xa que por un erro nos horarios non figura a liña no sentido Ares-Mugardos. Segundo transmitíu a concesionaria ó Concello, nos vindeiros días realizarase este cambio coa intención de que o fin de semana do 29 de xaneiro o servizo esté normalizado e actualizado con estas novas liñas.
O Alcalde de Mugardos, Domingo de Deus, quixo agradecer ós veciños as queixas e suxestións que presentaron no Concello e que foron trasladadas polo rexedor tanto á Xunta como á empresa concesionaría “porque aínda que non sexa da nosa competencia, serviron para que o Concello puidese esixir estas correccións. No caso de existir novas demandas neste sentido, dende o Concello pedimos ós veciños que volvan a contactar connosco para actuar de igual xeito que o fixemos ata o de agora. Antes de todo e ante todo, Mugardos”, finalizou o rexedor mugardés.
Consulte aquí os novos horarios do servizo: