Apertura do plazo de solicitude para EXENCIÓNS municipais nas taxas de AUGA, LIXO, SUMIDOIROS e EDAR para o 2022
A partir do día 10 de xaneiro de 2022 ábrese o prazo para a presentación de solicitudes para a exención nas tasas de auga, lixo, sumidoiros e EDAR do ano 2022, permanecendo aberto ata o 11/02/2022.
O requisito para a exención é estar empadroado/a no Concello de Mugardos no domicilio para o que se pide a exención e non ter ingresos superiores ao 125% do IPREM, por todos os conceptos e calquera que sexa o número de persoas que compoñan a unidade familiar. Poderase pedir máis información no departamento de servizos sociais comunitarios do Concello de Mugardos.