O Concello asfaltará 6 camiños municipais da zona rural por importe superior aos 80.000 €
Mugardos, 1 de decembro de 2021. O Concello de Mugardos realizará Obras de acondicionamento dos seguintes viais e camiños municipais:
- Camiño da Redonda de Abaixo.
- Camiño da Cruz de Mehá.
- Camiño de Fieiteiras.
- Camiño de Franza de Abaixo.
- Camiño de Celso Emilio Ferreiro.
- Camiño de Boado.
Estas actuacións están incluidas no Plan de Obras e Servizos (POS) adicional do ano 2020, e contan cun orzamento superior a 80.000€.
O Concelleiro de Obras de Mugardos, Jorge Kuntz, explicou que se trata “dunha demanda histórica dos veciños de Mugardos, que foi aplazada no tempo debido ás dificultades derivadas da pandemia do COVID-19 e ao desabastecemento de materiais derivados desta situación”.
Esta obra foi aprobada na Xunta de Goberno Local celebrada o pasado 25 de novembro.