Convenio entre o Concello e a FEMP
Onte, o Concello de Mugardos firmou para adherirse ao Convenio coa Federación Española de Municipios e Provincias e a Axencia Tributaria. Este convenio permitirá ao Concello de Mugardos conseguir de oficio a documentación para os trámites de axudas municipais, evitando así que os solicitantes se teñan que desprazar ata Ferrol á delegación de Facenda para conseguila.