Mugardos destinará máis de 1 millón de euros ó Servizo de Axuda a Domicilio durante os vindeiros catro anos
A Corporación Municipal aprobou o expediente de contratación do Servizo de Axuda a Domicilio (SAD).
A Corporación Municipal de Mugardos aprobou en sesión plenaria os pliegos administrativos e técnicos para a contratación do Servizo de Axuda a Domicilio (SAD) dos vindeiros 4 anos. Por primeira vez na historia do Concello, licítase un procedemento deste tipo, cun orzamento de 1,26 millóns de euros a repartir entre estas anualidades, e destinados ó coidado de persoas maiores e/ou dependentes. Ademáis, este servizo inclúe con carácter complementario –unha vez acadado o nivel básico de atención- as seguintes actuacións e servizos:
– Actividades de acompañamento, socialización, e desenvolvemento de hábitos saudables.
– Servizo de préstamo de axudas técnicas para persoas en situación de dependencia o dependencia temporal (grúas, etc).
– Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento,teleasistencia e similares.
– Servizo de podoloxía.
– Servizo de fisioterapia.
– Servizo de perruquería.
– Servizo de préstamo de axudas técnicas para persoas en situación de dependencia ou dependencia temporal.