O Concello asina o contrato coa empresa adxudicataria das obras de reforma e ampliación da Escola Infantil de As Lagoas
O Alcalde de Mugardos, Domingo Deus, firmou hoxe o contrato coa empresa ‘Eulogio Viñal Obras y Construcciones’, adxudicataria da reforma e ampliación da Escola Infantil Municipal de As Lagoas. O proxecto está cofinanciado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, e foi adxudicado por 204.932,69 € (IVE engadido). O prazo de execución é de 105 días naturais. A obra permitirá o aumento de diferentes espazos coma a cociña, o comedor, os vestiarios e as aulas para o alumnado.
Rebaixa das taxas da Escola Infantil
Ademáis da mellora das instalacións, o Concello ven de anunciar unha rebaixa da taxa da Escola Infantil Municipal de As Lagoas, que suporá que máis do 46% das familias usuarias da EIM non pagarán por este servizo no vindeiro curso escolar 2021/2022. O cambio implica unha rebaixa media do 48,81% no prezo da cuota, que en algunha unidade familiar pode chegar incluso ata o 69%. Por exemplo, unha familia que paga 2.435€ anuais pasará a abonar 740,50€. A modificación da Ordenanza da EIM inclúe a eliminación da matrícula (fixada en 135 € anuais), a bonificación do 100% da cuota para os usuarios con 2 ou máis fillos no centro, e a bonificación do 20% nos menús para familias monoparentais numerosas e segundos e sucesivos fillos.