Obradoiro de arqueoloxía ‘Na procura do tesouro romano’ no Centro de Interpretación de Caldoval
O Centro de Interpretación de Caldoval comprácese en convidar aos/ás máis pequen@s da casa nunha procura de tesouros acochados, que agardan entre as areas pola chegada dos seus descubridores.
Na procura do tesouro romano, obradoiro especial de arqueoloxía, consistirá no reparto dunha serie de friameiras entre @s participantes, nas cales se recrearán uns xacementos a escala. @s arqueólog@s honorari@s do Centro de Interpretación terán que realizar unha prospección, traballos de escavación e unha catalogación dos obxectos alí atopados, familiarizándose cos labores da arqueoloxía dun xeito divertido e diferente. Amais, @s participantes recibirán un certificado polo seu traballo!
A actividade terá lugar o sábado 24 e o domingo 25 de xullo ás 11:30h e ás 17:30h. Este ano, por mor da situación sanitaria, o aforamento será reducido, polo que será imprescindíbel realizar unha inscrición previa.
Tod@s aqueles/as que queiran participar poderán reservar a súa praza contactando co Centro a través do correo electrónico info@museocaldoval.gal ou chamando durante o horario de apertura ao número de teléfono 687 072 116.