SEGURIDADE NAS COMPRAS ON LINE
Se o sector da venda en liña estaba en auxe, o confinamento disparouno e con él tamén a picaresca de quen se aproveita da xente con intencións de compra. Durante o último ano incrementáronse o número de denuncias por clientes que realizaron pedidos que xamais recibiron, polo que para evitar sustos innecesarios hai que prestar atención aos seguintes consellos que nos fai chegar a Xefatura da Policía Local, e sempre dubidar das empresas que ofrezan unha rebaixa moi inferior ao mesmo produto ofertado noutra plataforma dixital.
1. Antes de realizar a compra prestar atención ás seguintes recomendacións: Instalar unha ferramenta antivirus e analizar o dispositivo antes de realizar a transacción para detectar posibles ameazas. Se o dispositivo está infectado, podería poñer en risco a propia compra, así como a información asociada a esta.
2. Confirmar que o sistema operativo do dispositivo estea actualizado coa última versión, así como todos os programas e aplicacións instaladas, para evitar que un fallo de seguridade nestes permita a un ciberdelincuente tomar o seu control e executar accións maliciosas sen o coñecemento do usuario.
3. Revisar os programas e as apps instaladas e eliminar todas aquelas que non se estean utilizando. Cantas máis teñamos, máis difícil será manter o noso equipo actualizado e protexido, ademais de retardar e entorpecer o seu rendemento.
4. Evitar o uso de computadores, tabletas e teléfonos intelixentes públicos compartidos para realizar compras en liña. Xeralmente non podemos coñecer o seu estado de seguridade ou a finalidade do seu uso (as páxinas polas que se navegou), e poderían conter virus ou calquera outro tipo de código malicioso.
5. Comprobar información legal do comercio, esta é fundamental porque, ante un posible conflito permite saber contra quen debemos reclamar.
6. É obrigatorio que o comercio en liña proporcione, entre outros, estes datos:
· Nome completo da entidade (persoa física, sociedade, fundación, etc.)
· Número de identificación fiscal (NIF, NIE ou CIF)
· Datos da súa inscrición no rexistro mercantil
· Dirección postal
· Dirección electrónica.
E por último lembrar que os menores de 14 anos non poden prestar o seu consentimento para que un comercio en liña recolla e trate os seus datos persoais; son os seus representantes legais (pais ou titores) quen pode facelo no seu nome.