O EXÉRCITO COLABORARÁ COA POLICÍA LOCAL DE MUGARDOS NAS TAREFAS DE CONTROL
Ante o estado de alarma declarado polo Goberno, o Concello de Mugardos solicitou á Delegación do Goberno a colaboración das Forzas Armadas, e a partir desta fin de semana o tercio norte realizará tarefas de patrulla os sábados e domingo por todo o término municipal como reforzo da Policía Local.
Desde o goberno municipal agradeceron esta colaboración “O noso persoal está a facer un traballo excelente, pero chegados a este punto necesitamos reforzos. Os concellos pequenos estamos facendo un gran esforzo para frear os contaxios, e esta colaboración das Forzas Armadas será de gran axuda”.