AVISO DA PLATAFORMA DE CONTRATACIÓN DO SECTOR PÚBLICO
Desde o departamento de contratación municipal comunican a seguinte información recibida da Plataforma de Contratación do Sector público:
“Desde hai varias semanas, os candidatos e licitadores dos contratos públicos reciben correos electrónicos fraudulentos nos que se suplanta, ben a identidade da Plataforma de Contratación do Sector público (PLACSP) ben a do Responsable do Órgano de Contratación (ROC), con obxecto de que a empresa adxudicataria ingrese a garantía definitiva nunha conta corrente ou emita a correspondente factura e envíea ao ROC para ser obxecto de revisión.
A última casuística da que se ten constancia é a suplantación da PLACSP mediante un correo de suposta reactivación de conta de usuario rexistrado con destino a operadores económicos, coa finalidade de que pulsen unha ligazón para concluír o proceso”.