Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MUGARDOS CELEBRARÁ UN ENTROIDO VIRTUAL

A concelleira de Cultura Begoña Roldós presentou hoxe a programación municipal para a celebración do Entroido 2021 “Entroido 2021, diversión na casa”, que virá marcado pola situación epidemiolóxica.

Roldós confirmou o mantemento do concurso de disfraces “Ideamos un Concurso de Disfraces de Entroido 2021 diferente, pero mantendo a mesma ilusión por participar. Aínda que non sexa como outros anos, podemos participar disfrazándonos dende a casa ou en espazos abertos”.

Así, este ano, as persoas que desexen participar deberán cubrir un formulario de cesión de datos que poderán entregar na oficina de Cultura do Concello.

Unha vez realizada esta tramitación, os participantes poderán enviar unha foto individual, disfrazadas/os e mandala entre os días 13 e 16 de febreiro ao seguinte correo: eusebia.perez@mugardos.gal ou a través de WhatsApp ao número de teléfono 606 168 140. Para comprobar que a foto é de este ano tense que quitar con mascara facial de protección COVID-19. No correo ou no WhatsApp deberán figurar o nome e apelidos, idade, dirección completa e un número de teléfono.

Haberá 3 categorías de participación: de 4 a 12 anos, de 13 a 17 anos e maiores de 18 anos. Nas dúas primeiras categorías todos os participantes terán un agasallo, e aqueles que formen parte da terceira categoría terán un número de participación para o sorteo de dúas cestas, por valor de 100 euros cada unha, con produtos típicos do Entroido. Nesta categoría, as persoas que conviven levaran soamente un número, podendo presentar foto individual ou de grupo.

O sorteo das cestas farase o venres día 19 de febreiro ás 9:00 h. e se chamará aos gañadores para facer entrega das cestas.

Como novidade, este ano a Concellería de Cultura instalará un photocall na praza do Concello onde maiores e pequenos, respectando as medidas de prevención de contaxios, poderán facerse fotos e gardar para o recordo este Entroido tan diferente.

“Este ano a celebración do Entroido non é allea aos momentos que estamos a vivir, tendo que adaptarnos a este novo reto, procurando sempre manter por riba a seguridade e a prevención. Pero tamén pensamos que temos que manter a ilusión e a esperanza ofertando alternativas seguras dentro do eido da cultura” afirmou a concelleira.

Nas seguintes ligazóns pode descargarse o formulario de cesión de datos tanto en formato PDF como Word:

DESCARGAR PDF Formulario de cesión de datos “Entroido 2021, diversión na casa”

DESCARGAR WORD Formulario de cesión de datos “Entroido 2021, diversión na casa”

Back to top