Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

AVANZAN OS TRABALLOS PREVENTIVOS PARA EVITAR ATASCOS E ASOLAGAMENTOS NA REDE DE SUMIDOIROS MUNICIPAL

A Concellería de Obras e Servizos dirixida por Jorge Kuntz informou hoxe das actuacións que desde o seu departamento estanse a desenvolver para a prevención de atascos e asolagamentos na rede de sumidoiros municipal.

En fases de alerta por choivas, a actuación céntrase nos puntos conflictivos da rede, realizándose unha limpeza intensiva como reforzo ás tarefas de mantemento habituais.

Desde fai meses, estase a levar a cabo unha revisión da rede, onde se ten descubierto que, unha vez máis debido á falta de mantemento, está gravemente afectada pola presenza de raíces e plantas que danan gravemente as canalizacións.

Esta situación levou ao goberno municipal a pór en marcha unha licitación pública do servizo de desatascos da rede, para a realización de actuacións de limpeza e puntualmente das obstrucións nas canalizacións.

Jorge Kuntz sinalou que “aínda que a contratación deste servizo de desatascos non vai solucionar o problema da rede de sumidoiros municipal, si vai evitar a maior parte dos problemas de saturación dos traballadores municipais, o que permitirá ir pouco a pouco mellorando o servizo, e os veciños e veciñas notarán a mellora máis pronto que tarde”.

Back to top