Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A CONCELLERÍA DE URBANISMO DÁ LUZ VERDE Á TRAMITACIÓN DUN PROXECTO ESPECIAL DE REFORMA DO NÚCLEO MERCADO-CENTRO DE SAÚDE-RÚA CASTELAO

A Concellería de Urbanismo dirixida por Juan Domingo de Deus informou do inicio da tramitación dun proxecto de reforma e humanización do espazo definido polo mercado municipal, o centro de saúde e a rúa Castelao para a apertura dun vial que una os dous espazos e para a creación dunha zona de aparcamento.

A tramitación dará comezo cun estudio topográfico que resulta imprescindible para a realización de calquera traballo na zona, permitindo a elaboración dun mapa do terreo e coñecendo as limitacións e alteracións do mesmo.

Unha vez recibido o estudio topográfico, diseñaranse as reformas proxectadas, que teñen como obxectivo abrir un novo vial entre a praza do mercado e a rúa Castelao que permita a mellora da mobilidade entre estes dous espazos sen esquecer a humanización destes accesos. Así mesmo, e principalmente na contorna da rúa Castelao, crearanse zonas de aparcamento en superficie, un dos principais problemas na zona centro da Vila.

O custe do proxecto especial de reforma interior (PERI) do coñecido na vila como polígono 5 (P-5) no que se encadran o Mercado Municipal de San Telmo, o Centro de Saúde de Mugardos e a rúa Castelao, é de 17.666 euros IVE incluido que será financiado con fondos municipais.

Juan Domingo de Deus quixo aclarar que este é un procedemento que requerirá do apoio do resto das forzas políticas da corporación y que desde o goberno estase aberto ao diálogo para sacar adiante unha proposta que “vai mudar a mobilidade do núcleo da vila mugardesa”.

Back to top