Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRA HOXE O PRIMEIRO PLENO TELEMÁTICO DA SÚA HISTORIA

A Concellería de Participación informa de que hoxe terá lugar o primeiro pleno telemático da historia do Concello de Mugardos a partir das 19.30 horas, coa celebración do pleno ordinario do mes de xaneiro.

Así mesmo, todos os veciños e veciñas de Mugardos poderán ver en directo a celebración da sesión, xa que retransmitirase online a través da seguinte ligazón: http://actasesionesdigital.smartis.es/mugardos

O concelleiro Miguel Mahía confirmou que xa viñan traballando desde fai meses para que os plenos puidesen ser gravados e colgados nas canles oficiais municipais, co obxectivo de acercar a actualidade municipal a un maior número de veciños e veciñas. A causa das restricións decretadas nestes días pasados, o goberno decidiu adiantar esta iniciativa e, ademáis de retransmitir a sesión, celebrala de xeito telemático.

“A día de hoxe non é necesaria a presencialidade dos concelleiros e concelleiras para a celebración dun pleno. Milleiros de persoas están a teletraballar a diario adaptando as súas vidas, as súas xornadas e as súas obrigas, e nós temos que facelo tamén. Reunir 15 persoas nunha sala da Casa do Concello para a celebración dunha sesión plenaria é totalmente innecesario”.

Back to top