Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE MUGARDOS REPARTIRÁ PANTALLAS A TODOS OS VECIÑOS E VECIÑAS

O Alcalde Juan Domingo de Deus confirmou hoxe a recepción no Concello do pedido realizado polo goberno de 6300 pantallas para o reparto entre a poboación de Mugardos a partir de mañá mércores.

O pedido realizaouse logo de atopar un proveedor de garantías para o Concello, que xa está inmerso na montaxe e preparación das pantallas para o seu reparto nos domicilios, que realizarán a Policía Local, Voluntarios de Protección Civil e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES).

As pantallas que se entregarán son totalmente adaptables e aptas para todas as persoas e idades, así como reutilizables, e cunha limpeza desinfectante con auga e xabón, ou con alcol de máis de 70 grados poden volver a usarse.

O Alcalde sinalou que “o goberno traballa desde fai semanas no intento de protexer a todo o mundo. Estas pantallas pedíronse e por fin son unha realidade. Xa temos distribuido pantallas entre o persoal de servizos esenciais e os traballadores dos establecementos que seguen abertos. Agora podemos seguir avanzando na protección de todos os veciños e veciñas con estas pantallas”.

Desde o departamento de persoal infórmase que “O máis de medio millar de mascarillas, o centenar de traxes e todo o xel hidroalcolico entregado pola Xunta ata o momento, así como as máscaras entregadas polos Makers de Ferrolterra permitiron protexer de xeito rápido a traballadores e comerciantes, agora centrarémonos na protección da veciñanza” dixo Miguel Mahia.

Desde o Concello, lémbrase que a máscara é un elemento complementario de trotección e que en ningún caso debe sustiturir o uso de mascarillas e luvas.

Back to top