Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OFERTA DE EMPREGO COMO LIMPADOR/A A TRAVÉS DA BOLSA DE EMPREGO MUNICIPAL

A empresa FARO Facility Services vén de poñerse en contacto coa Bolsa de Emprego do Concello de Mugardos, xa que está realizando unha selección para o posto de limpador/a.

A xornada semanal será de 15 h/s, o horario de traballo é de 05.30 a 08.00 horas de luns a sábado, e a quenda de festivos será 25/12/2020, 01/01/2021 e 06/01/2020 de 05.30 a 08.00 e de 13.00 a 18.00 horas (abónanse a maiores da xornada).

Perfil solicitado:

– Vehículo propio (debe acceder en vehículo ás instalacións)
– Experiencia en limpeza (non é indispensable)
– Tarefas a realizar: limpeza e desinfección de baños e vestiarios.
– Dispoñibilidade de incorporación (o contrato é por substitución de vacacións do 25/12/2020 ao 11/01/2021)
– Que non sexa grupo de risco ante a covid-19 (asma, diabetes….)

As persoas interesadas poden poñerse en contacto con FARO Facility Services mandando un correo a gyanez@grupofaro.com

Back to top