Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ESTE MÉRCORES REMATA O PRAZO PARA A SOLICITUDE DAS AXUDAS A AUTÓNOMOS E PEMES MUNICIPAIS

A Concellería de Facenda lembra que este próximo mércores 25 de novembro remata o prazo para a presentación de solicitude das axudas PEL – REACTIVA e Mugardos Reactiva destinadas a persoas autónomas e as microempresas radicadas en Mugardos, que se viran afectadas pola crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 e o estado de alarma de marzo.

A axente de desenvolvemento local está á enteira disposición das persoas interesadas en recibir información a través do teléfono 981 470 338 (extensión #2030), e presentar a súa solicitude a través da sede electrónica municipal. Desde a concellería recomendan unha vez máis aos solicitantes das axudas Mugardos Reactiva (de xestión 100% municipal) que se no momento de presentar a solicitude dispoñen xa de toda a documentación xustificativa necesaria, poden presentala co obxectivo de axilizar o proceso e poder facer os abonos en conta sen ter que requirir a documentación, e polo tanto, evitar retrasar o cobro. A día de hoxe, xa se teñen recollido máis de 50 solicitudes.

En canto a estas axudas de competencia exclusivamente municipal o concelleiro de Facenda Miguel Mahía confirmou hoxe que “Todos os solicitantes das axudas Mugardos Reactiva que cumplan os requisitos poden estar totalmente seguros de que recibirán a súa axuda. O noso compromiso é que se fose necesario ampliaríanse os 150.000 euros de orzamento de xeito inmediato”.

Mahía confirmou tamén que non está descartado incluir nos orzamentos 2021 unha partida para a apertura dunha nova liña axudas para autónomos e pemes municipais “En función da evolución epidemiolóxica e económica gustaríanos ter a posibilidade de apoiar cunha liña de axudas aos emprendedores municipais se fose necesario”.

Back to top