AMPLIACIÓN DOS PRAZOS DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS ENSINO E O TRANSPORTE NO CONCELLO DE MUGARDOS
A concelleira de Benestar Social Ana Varela informou da decisión de ampliar os prazos de xustificación da segunda convocatoria das axudas ensino e transporte 2020-2021 tanto para beneficiarios como para establecementos.
Finalmente, as persoas beneficiarias dos vales poderán canxear os vales no establecemento elixido ata o 27 de novembro de 2020.
E para os establecementos o prazo máximo para a presentación das facturas no concello será o 11 de decembro de 2020.
Así, o prazo total para a presentación das facturas no Concello de Mugardos comezará o 6 de novembro e acabará o 11 de decembro de 2020.
Ana Varela explicou que o motivo da ampliación dos plazos foi a intención de dar máis capacidade aos beneficiarios para poder facer uso dos vales dada a limitación de movementos e as dificultades para facer compras, así como facilitar as tarefas de xustificación aos establecementos.