A SEGUNDA LIÑA DE AXUDAS A AUTÓNOMOS E PEMES XA ESTÁ EN MARCHA
A Concellería de Facenda anuncia a posta en marcha da segunda liña de axudas para os autónomos, micropemes e pemes mugardeses aprobada polo concello: Mugardos Reactiva, cun orzamento de 150.000 euros.
Serán beneficiarias destas axudas as persoas físicas ou xurídicas ás que se lles concedera a prestación extraordinaria por cesamento de actividade polo Real decreto-lei 8/2020 do 17 de marzo, e as persoas beneficiarias dalgunhas das prestacións económicas da Seguridade Social por incapacidade temporal, maternidade/paternidade, risco durante o embarazo, risco durante a lactación natural e, se cubriran a súa ausencia na actividade contratando persoal por conta allea, como mínimo ata o 13 de marzo de 2020. Deberán demostrar que desenvolven unha actividade afectada polo peche de establecementos como consecuencia da declaración do estado de alarma ou que sufriron unha redución da súa facturación no mes de abril 2020 de polo menos o 75%, en relación coa media do semestre natural anterior á declaración do estado de alarma (setembro 2019-febreiro 2020) ou o período de actividade, se é menor aos 6 meses.
As axudas van desde os 1.000 € a aquelas persoas físicas ou xurídicas sen persoal por conta allea ao seu cargo ou ata 2 traballadores/as a día 1 de marzo de 2020, ata os 1.500 € aos que tiveran entre 6 e ata 9 traballadores/as na mesma data.
Estas axudas son compatibles con calquera outra subvención, axuda, ingreso ou recurso procedente doutras administracións ou entes, sempre que o importe total das axudas non supere o límite de intensidade fixado na normativa aplicable.
O prazo de presentación de solicitudes vai desde mañá mércores 11 de novembro ata as 14:00 horas do día 25 de novembro, e téñense que presentar pola sede electrónica do Concello.
En caso de calquera dúbida ou consulta, as persoas interesadas poden contactar coa técnica municipal da Axencia de Desenvolvemento Local dependente da Concellería de Facenda, a través do teléfono 981 470 338 (extensión #2030).
Desde a concellería recomendan aos solicitantes que se no momento de presentar a solicitude dispoñen xa de toda a documentación xustificativa necesaria, poden presentala co obxectivo de axilizar o proceso e poder facer os abonos en conta sen ter que requirir a documentación, e polo tanto, retrasar o cobro.
Poden consultarse e descargarse as bases das axudas na seguinte ligazón: