O PLENO APROBA POR UNANIMIDADE OS FESTIVOS LOCAIS PARA O ANO 2021
O pleno ordinario do mes de outubro aprobou por unanimidade de todos os grupos municipais as dúas xornadas marcadas como festividades locais para o ano 2021: o 7 de xaneiro, San Xulián, e o 25 de maio, día do Voto de Chanteiro.
No caso de que San Xulián ou o Voto de Chanteiro coincidiran cun día fixado coma festividade polo Estado ou pola Xunta de Galicia, o festivo local sería o 16 de xullo, Virxe do Carme.
A Alcaldía propuxo á Xunta de Voceiros estas datas como días non laborables de carácter local por tratarse de festas tradicionais con gran arraigamento entre os mugardeses e mugardesas.
Desde o goberno municipal trasladouse o desexo de que as datas elixidas poidan encherse co contido cultural e festivo que habitualmente programa o concello nesas datas, aínda que todo dependerá da situación epidemiolóxica e da normativa vixente con relación á crise sanitaria da COVID-19.