Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE MUGARDOS FIRMA CONVENIOS DE COLABORACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS NA ADMINISTRACIÓN

O Concello de Mugardos contará este ano con persoal en prácticas e formación nos departamentos de administración e informática logo da firma de sendos convenios coa Academia Postal e o Colexio Loyola.

No que atinxe ao convenio firmado co Colexio Loyola , o compromiso adquirido polo concello permitiu xa a incorporación dunha persoa que estará a realizar a súa formación práctica ata o mes de decembro, aprendendo o desenvolvemento de distintas tarefas na administración e permitindo completar a súa formación.

No caso do convenio coa Academia Postal, incorporaranse durante o mes de decembro 2 informáticos/as que poderán realizar parte da súa formación na administración local.

Miguel Mahía destacou que o concello está orgulloso de poder participar na formación e mellora das capacidades dos alumnos e alumnas, e que xa se está a valorar a posibilidade de ampliar este tipo de iniciativas a máis áreas.

“Todos aprendemos e melloramos con estes convenios. É unha oportunidade para as persoas que logran ampliar a súa experiencia laboral coñecendo por dentro a administración local, e os traballadores/as e concelleiros/as que traballamos codo con codo cos eles” finalizou Mahía.

Back to top