Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O PODER COLECTIVO DAS MULLERES PARA TRANSFORMAR A SOCIEDADE

A Deputación da Coruña conmemora este ano o 8M cunha programación que une memoria, igualdade e participación social baixo un mesmo fío condutor: o poder colectivo das mulleres para transformar a sociedade.

Dentro desta liña de traballo realizouse o documental do proxecto Mulleres da Reconversión, unha iniciativa que recupera e visibiliza o papel fundamental das mulleres na reconversión naval dos anos 80 e 90 en Ferrolterra.

O proceso de creación incluíu encontros en Fene, recollida de testemuños, unha visita ás antigas instalacións de ASTANO e a elaboración dun documental, unha exposición itinerante e unha publicación dixital. A presentación pública tivo lugar o pasado 6 de marzo ás 18:00 h na Casa da Cultura de Fene.

Agárdase que este material resulte de interese e contribúa a seguir fortalecendo a memoria colectiva e o recoñecemento das loitas das mulleres.

🔗 Acceso directo ao documentalaquí

🔗 Acceso directo á publicación dixitalaquí

Back to top