LECTURA DO MANIFESTO CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O goberno municipal reivindica e destaca o papel das mulleres que traballan en ámbitos e funcións claves da xestión municipal. Así o sinalaron hoxe a concelleira de Igualdade, Ana Varela, e o concelleiro de Obras, Servizos, Medio e TICs, Jorge Kuntz, durante a Concentración convocada diante do Concello con motivo da celebración do 8M.

Así o indicou hoxe Kuntz durante a lectura do Manifesto no que se puxo o acento no labor imprescindible, non sempre recoñecida, das mulleres que desde os espazos de responsabilidade e dos equipos técnicos sosteñen á administración local e garanten a continuidade, estabilidade institucional e a mellor atención á cidadanía.
O goberno comprométese a traballar por un modelo municipal de desenvolvemento sostible, social e económico afrontándoo desde o principio de igualdade. Ao concluír o acto, as persoas participantes puideron recoller o material, soporte da campaña municipal, que financia o Ministerio de Igualdade.