O CONCELLO DE MUGARDOS ACTÚA PARA RESOLVER INCIDENCIAS NA REDE DE AUGA E SUMIDOIROS DO MUNICIPIO
O Concello de Mugardos levou a cabo nos últimos días varias actuacións destinadas a mellorar a rede de subministro de auga e o sistema de sumidoiros municipal, co obxectivo de garantir un servizo máis eficiente e reducir as perdas de auga no casco urbán.
En primeiro lugar, completáronse os traballos de búsqueda, localización e reparación de cinco fugas na rede de abastecemento que provocaron un incremento significativo do consumo no centro do municipio. Coa reparación destas avarias, agárdase unha reducción inmediata do gasto de auga e unha mellora na eficiencia do sistema.
Ademáis, o Concello coordinou a reparación do alcantarillado na zona de O Peteiro, onde se sustituirán máis de 30 metros lineais de tubaxe totalmente deteriorada, co fin de resolver os problemas de filtracións e roturas que viñan afectando a veciños e establecementos da zona. As obras comenzarán a vindeira semana.
O concelleiro de Obras e Servizos, Jorge Kuntz, destacou ó respecto que “estos traballos forman parte das actuacións continuas que o Concello realiza para manter e mellorar as infraestruturas básicas do municipio. A pesares dos recursos limitados, seguimos a priorizar as intervencións que afectan directamente á calidade de vida dos veciños”. O edil engadíu que “a detección e reparación de fugas, xunto coa renovación progresiva da rede de sumidoiros son esenciais para garantir un uso responsable da auga e previr incidencias maiores na rede”. Con estas actuacións, o Concello de Mugardos reafirma o seu compromiso co mantemento dos servizos esenciais, a eficiencia na xestión dos recursos e a mellora constante das infraestruturas municipais.