MULTIDEPORTE EN LA PLAYA
Durante os meses de verán, as Concellerías de Deportes e Mocidade organizan conxuntamente esta actividade na praia da Bestarruza (en caso de choiva, trasládase a actividade ao pavillón do Cristo), destinada a rapaces e rapazas maiores de 4 anos.
O horario desta actividade é de 11.00 a 13.30 horas, e repártese en catro quendas quicenais, nos meses de xullo e agosto. As prazas son limitadas (75 por quenda) e as inscricións poden realizarse ata 3 días antes do inicio de cada quenda.
Os prezos, regulados pola ordenanza correspondente, son de 15 euros cada quenda de 2 semanas, e 25 euros por quenda de 4 semanas (que poden ser consecutivas ou separadas).
INSTANCIA
DESCARGAR PDF Solicitude de matrícula no programa multideporte na praia (Instancia tipo)
TRAMITACIÓN E REXISTRO
Unha vez cuberta a solicitude, e adxuntada toda a documentación requerida, deberase entregar na OMIX, ou rexistrala (no rexistro municipal ou a través da sede electrónica). Para inscribirse nesta actividade non é preciso o pago de matrícula:
- Oficina municipal da OMIX
Avenida de Galicia 45, 1º andar
981 470 290 (extensión: #2033)
- Rexistro Xeral de entrada: nas oficinas municipais
Avenida de Galicia nº 45, baixo
Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas
- Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)
IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos
NORMATIVA REGULADORA
A taxa por esta actividade está regulada na ordenanza fiscal n.º 14 reguladora da taxa pola prestación de servizos, deportivos, culturais e lecer: