Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

“A REDEIRA MUGARDESA” Y “UNHA HISTORIA PARA NON ESQUECER”, OBRAS PREMIADAS EN LOS RELATOS DE FIGURAS OCULTAS

A Concellería de Benestar Social informou da entrega  onte dos premios ás autoras dos relatos de figuras ocultas así como ao CEIP Unión Mugardesa pola súa implicación na sensibilización dos logros femininos na sociedade mugardesa.

A temática dos 34 relatos participantes versaba sobre a visibilización de calquera historia de vida, de traballo, de coidados, de loita, de mulleres de Mugardos ou relacionadas dalgún xeito co pobo, en resumen, sobre as mulleres que para os e as participantes no concurso supuxeran figuras ocultas da sociedade mugardesa.

As historias reflectían a loita ou logro de mulleres mugardesas ou relacionadas co pobo, contemporánea ou non, con respecto ás súas vivencias, relacións familiares, os coidados, o ámbito laboral, a violencia de xénero, a corresponsabilidade, a contribución á sociedade mugardesa, etc.

Así, o relato gañador na cateroría 5º e 6º da EPO “A redeira mugardesa”, presentado baixo o seudónimo “Kiki” fala da valentía, esforzo e coraxe de Maruxa, unha muller mugardesa que saca adiante á súa familia aprendendo o duro traballo de redeira.

E “Unha historia para non esquecer” obra presentada baixo seudónimo “Kira” foi o relato gañador na categoría 1º e 2º da ESO e conta a historia de superación e traballo da fundadora do Colexio Loyola de Mugardos, Fina.

A mención especial para o CEIP Unión Mugardesa é un recoñecemento do concello ao centro pola súa implicación neste traballo de recoñecemento dos logros femininos na sociedade mugardesa, xa que presentou 14 obras, o que chega case ao 40% alumnado matriculado en 5º e 6º de primaria.

Á entrega de premios asistiron o alcalde, Juan Domingo de Deus, e as concelleiras de Benestar Social e Ensino, Ana Varela e Begoña Roldós.

Back to top